DESENVOLVEMENTO DE FERRAMENTAS CAD PARA A AVALIACIÓN AUTOMÁTICA DE IMAXES RADIOGRÁFICAS (IN841C 2012/108)

O proxecto CADRADO é un proxecto de innovación tecnolóxica cuxo obxectivo principal é desenvolver un sistema software automatizado para a detección e avaliación de defectos e cotas críticas para a inspección radiográfica de pezas industriais.

Dentro das pezas de interese para este tipo de aplicación aparecen as diferentes pezas de materiais lixeiros dentro da produción do sector aeronáutico, sector de gran relevancia actual, tanto a nivel galego como nacional. Igualmente, este interese esténdese a outros sectores obxectivo dos materiais compostos, como son a construción naval e eólica.

Desta forma, o software permitirá a análise específica de imaxe radiográfica, onde os estudos automáticos son escasos e están orientados a materiais con características repetitivas. A flexibilidade do software que se vai desenvolver é clave para a detección de defectos, metroloxía e extracción de características dentro de diferentes tipos de pezas industriais. Xeraranse os filtros específicos e as ferramentas necesarias para unha análise concreta e automatizada, e finalmente integrarase a aplicación nunha interface gráfica de usuario. A interface final será amigable e sinxela, facilitando a súa integración no ciclo de inspección radiográfica en diferentes escenarios de produción industrial.

Este proxecto é liderado por SYSPRO ENGINEERING, que conta con ampla experiencia en desenvolvementos software orientados á industria. Con el, SYSPRO ampliará a súa especialidade á imaxe radiográfica en ensaios non destrutivos (END), campo que difire das imaxes en visión artificial, así como da radiografía clínica. A solución proposta poderase aplicar a calquera sistema de radiografía dixital, e suplirá as actuais carencias neste campo.

AIMEN, un dos Centros Tecnolóxicos máis importantes de Galicia, colaborará con SYSPRO no desenvolvemento deste software dende o seu amplo coñecemento en END e radiografía dixital en particular, cubrindo a parte de inspección con diferentes equipos dixitais, así como a análise inicial de imaxe por parte de persoal experto.

Este proxecto é apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación.

Exemplo de detección de fallos:

Deixa unha resposta

España

+34 986 410 751
Rúa dos Padróns, 12 - Porto do Molle, 36350 Nigrán
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º Vilarrodís - Arteixo
A Coruña

+34 911 610 265
Centro Empresarial Best Point. Oficina 13A/bis Av. de Castilla, 1
28830 San Fernando de Henares
Madrid

Portugal

+351 910 034 699
Fórum Tecnológico, R. Cupertino de Miranda 7
1º andar, Sala 003
1600-545 Lisboa

USA

+1 646 294 5243
100 Overlook Center, 2nd floor, Princeton, 08540
New Jersey

España
+34 986 410 751
Bajada Gándara, 7, Nave 8, 36330 Coruxo, Vigo
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º Vilarodís - Arteixo
A Coruña

Centro Municipal de Empresas San Fernando de Henares – Oficina 35. Av. de la Vía Láctea 4, 28830 San Fernando de Henares
Madrid


Portugal
+351 912 054 481
Avenida da República, 50, 2º andar, 1050 - 196
Lisboa


USA
+1 64 63 74 43 49
100 Overlook Center Princeton, 08540 New Jersey