AUTOMATION
BEYOND
LIMITS
Somos unha empresa internacional que é un referente na automatización de procesos industriais e transformación dixital.
Ofrecemos solucións integrais que van desde a automatización, enxeñería de procesos e validación de plantas biotecnolóxicas e farmacéuticas, ata o deseño, enxeñaría, automatización e construción de maquinaria especial e equipamentos de procesos personalizados para diferentes sectores. Ademais, desenvolvemos solucións de IT avanzadas para ambientes industriais, que ofrecen unha integración perfecta entre os sistemas de tecnoloxía da información (IT) e os sistemas de tecnoloxía operativa de plantas (OT).
En Syspro Automation promovemos a innovación e a eficiencia, cumprindo sempre os máis altos estándares de calidade e regulación a nivel global.
AS NOSAS LIÑAS
DE ACTIVIDADE
GMP
Automatizamos e validamos plantas biotecnolóxicas e farmacéuticas. Operamos baixo estritas directrices GMP, cumprindo as normas CFR21 parte 11 e o anexo 11 da UE seguindo as guías GaMP 5, ISA88, ISA101.
SOLUCIÓNS DE ENXEÑARÍA
Realizamos a completa automatización e integración do control e supervisión de instalacións e equipamentos en plantas industriais. Ademais, deseñamos e construímos máquinas especiais, sistemas robóticos e equipamentos para procesos biotecnolóxicos, farmacéuticos e alimentarios.
IT/OT
Desenvolvemos solucións de IT avanzadas para contornas industriais, que ofrecen unha integración perfecta entre os sistemas de tecnoloxía da información (IT) e os sistemas de tecnoloxía operativa de plantas (OT).
I+D
Buscamos específicamente o desenvolvemento de productos e tecnoloxías
comercializables que xeren valor en termos de sustentabilidade e economía circular.
POR QUÉ
SYSPRO
O noso equipo
Contamos cun equipo internacional de máis de 170 enxeñeiras e enxeñeiros con perfís mixtos e ampla experiencia tecnolóxica.
Independencia garantida
Traballamos de forma independente con tecnoloxías e marcas, buscando sempre solucións adaptadas ás necesidades dos nosos clientes.
O teu compañeiro
Buscamos establecer relacións a longo prazo para coñecer ao detalle as súas instalacións, para poder planificar, adaptar e propor as mellores solucións.
Base de coñecemento
Contamos cunha estrutura organizada dedicada a ofrecer apoio e formación continua aos nosos técnicos, garantindo sempre unha alta calidade.
Especialistas farmacéuticos e biotecnolóxicos
Temos un amplo coñecemento do sector e máis de 750.000 horas de traballo en proxectos GMP, con importantes industrias de Europa e Estados Unidos.
Valores e confidencialidade
Tratamos a información dos nosos clientes con total confidencialidade. Valoramos e respectamos as nosas políticas de RSE, calidade e medio ambiente.