TRIHSENS DESENVOLVERÁ UNHA SOLUCIÓN INTEGRAL PARA A MONITORIZACIÓN EN TEMPO REAL DA AUGA DE CONSUMO HUMANO

Un consorcio de empresas galegas únese para mellorar a xestión eficiente da auga.
- TRIHSENS desenvolverá unha solución integral para a monitorización en tempo real da auga de consumo humano.
- O sistema será validado na Estación de Tratamento de Auga Potable do Tambre, propiedade do Concello de Santiago.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018. – Un consorcio de empresas galegas, formado por pemes e grandes empresas, únense co obxectivo de desenvolver unha solución integral para a monitorización en tempo real da auga de consumo humano, garantindo, deste xeito, a xestión eficiente e a protección dun recurso vital como é a auga.
O proxecto TRIHSENS “Desenvolvemento dun sensor eficiente para sistemas de control e alarma de precursores de trihalometanos en augas de consumo”, conta cun presuposto total de 878.533,30€ e está liderado por Viaqua. Completan o consorcio, as empresas Syspro Ingeniería, SL; Ayco Internet, SL, e Roca Roibás, SAU. Este consorcio contará á súa vez coa colaboración dos centros de investigación AIMEN e Cetaqua Galicia.
Este proxecto, enmarcado no programa CONECTAPEME 2018, conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
O novo sistema desenvolvido no marco do proxecto, será validado na Estación de Tratamento de Auga Potable do Tambre, propiedade do Concello de Santiago.
TRIHSENS acomete e alíñase cos niveis de innovación marcados polas novas directrices das políticas europeas, que fomentan o cambio cara a un enfoque de xestión que, máis alá de ser reactivo, sexa preventivo.