Robótica, Visión artificial
A robótica e a visión artificial son tecnoloxías moi maduras, pero tamén en constante desenvolvemento e evolución. Xa sexa por separado ou combinadas entre si, permiten a optimización de moitos procesos produtivos e o aseguramento da calidade dos produtos rematados. En Syspro traballamos con diferentes fabricantes, adaptándonos aos estándares dos nosos clientes e/ou seleccionando os modelos máis idóneos, segundo a aplicación.
Robótica
Beneficios
Produtividade, rapidez, calidade, fiabilidade, repetitividade, flexibilidade. Estas son só algunhas das vantaxes que achega a utilización de robots industriais nos procesos produtivos.
Asesoramento
Non serve calquera robot para calquera aplicación nin todas as aplicacións son robotizables dunha forma sinxela. En Syspro estudamos as necesidades dos clientes e a viabilidade das aplicacións que hai que robotizar, asesorándoos e propoñendo a mellor solución en cada caso.
Proxectos chave na man e melloras/adaptacións
Deseñamos e construímos aplicacións robotizadas completas, “chave na man”, ou ben, introducimos os cambios e as melloras necesarias en aplicacións xa existentes para adaptalas a novos requirimentos ou para mellorar o seu funcionamento.
Laboratorio de probas
Dispoñemos de robots das principais marcas nas nosas instalacións para realizar probas ou demostracións.
Visión artificial
Calidade
Asegurar a calidade na fabricación de calquera produto é unha das maiores necesidades de todos os nosos clientes e poder lograr este reto con independencia de factores como a fatiga, distraccións, descoidos ou equivocacións, proporciónalles unha enorme tranquilidade. Por iso, en Syspro estudamos e deseñamos solucións mediante visión artificial, que permiten a detección de múltiples tipos de defectos en produtos e a toma de decisións, tales como a expulsión dos produtos defectuosos da liña de produción.
Trazabilidade
O control de trazabilidade mediante a lectura de diferentes tipos de códigos impresos ou perforados pode ser efectuado co uso de lectores, pero en ocasións é necesario utilizar cámaras de visión artificial.
Localización e guía
Outro dos usos da visión artificial é a localización e orientación de produtos cando estes non veñen perfectamente colocados en posicións concretas e determinadas. A utilización da visión artificial permite a manipulación de produtos con robots ou a guía destes para actuar sobre as zonas desexadas, sen necesidade de deseñar e fabricar caras e complexas ferramentas ou sistemas de posicionamento.
Laboratorio de probas
Dispoñemos dun laboratorio equipado con distintos sistemas de visión artificial, de iluminación e tecnoloxías complementarias (TOF, Termografía, etc.) para realizar probas, estudos de viabilidade de aplicacións e demostracións.