PEATON DESENVOLVERÁ NOVOS MATERIAIS PARA FABRICAR COMPOÑENTES DE AUTOMOCIÓN MÁIS LIXEIROS E SEGUROS ITC-20161122

  • O proxecto preséntase como unha grande oportunidade para o desenvolvemento de materiais máis económicos e lixeiros, cuxas propiedades finais poderán ser axustadas á medida.
  • Enmarcado no Programa Interconecta 2016, o consorcio do proxecto está liderado polo Centro Tecnolóxico do GRUPO COPO, e complétano as empresas COPO GALICIA, SL; SYSPRO, e GRUPO ANTOLÍN-PGA. AIMEN e CELLMAT TECHNOLOGIES participan como entidades colaboradoras.

PEATON “Aplicación de procesos eco-eficientes ao desenvolvemento de novos materiais de polipropileno expandido para compoñentes de automoción” é un proxecto integrado de desenvolvemento industrial e de carácter multidisciplinario cuxo principal obxectivo é a fabricación de compoñentes de Polipropileno Expandido (PPE) que poidan ser incorporados en elementos estruturais e non estruturais do vehículo. Con iso, búscase unha mellora da seguridade pasiva e a redución do peso final do automóbil, aspectos recollidos en todas as follas de ruta do sector da automoción.

Estes compoñentes fabricaranse a través de procesos eco-eficientes grazas ao desenvolvemento de novos materiais de PPE (materia prima). Así, o proxecto preséntase como unha grande oportunidade para crear materiais cunhas propiedades á medida e moito máis económicos. Con eles pódense lograr compoñentes con iguais prestacións mecánicas e máis lixeiros que os actuais, ou ben mellorar a absorción de enerxía a través da modificación da estrutura celular do compoñente. Deste xeito, poderanse fabricar os materiais adecuándoos ás necesidades de densidade ou de mellora de propiedades fronte a impacto, en función do tipo de compoñente que se vai fabricar.

Outra das innovacións que achegará PEATON será o desenvolvemento de novos materiais híbridos nos que se integrarán as escumas de PPE. Adicionalmente, aplicarase un sistema de control de molde do que se obterá un sistema de produción moito máis eficiente e enerxeticamente optimizado.

Colaboración intersectorial

O proxecto PEATON, cun presuposto de 1.1 millóns de euros e unha duración total de 30 meses, enmárcase dentro do Programa Interconecta 2016.

O consorcio, liderado polo Centro Tecnolóxico do GRUPO COPO, especialistas na fabricación de moldes e formulación de escumas, complétano COPO GALICIA, SL, expertos fabricantes de pezas de PPE; SYSPRO, líderes na aplicación de sistemas de control á optimización de proceso e GRUPO ANTOLÍN-PGA, especialistas na fabricación de compoñentes metálicos de seguridade pasiva para automoción.

Esta agrupación de empresas conta coa colaboración de AIMEN Centro Tecnolóxico e de CELLMAT TECHNOLOGIES, expertos no desenvolvemento de sistemas multi-material e control de procesos e no desenvolvemento e caracterización de materiais celulares respectivamente.

Deixa unha resposta

España

+34 986 410 751
Rúa dos Padróns, 12 - Porto do Molle
36350 Nigrán
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º
Vilarrodís - Arteixo
A Coruña

+34 911 610 265
Centro Empresarial Best Point. Oficina 22B Av. de Castilla, 1
28830 San Fernando de Henares
Madrid

Portugal

+351 910 034 699
Fórum Tecnológico, R. Cupertino de Miranda 7
1º andar, Sala 003
1600-545 Lisboa

USA

+1 646 374 4349
100 Overlook Center, 2nd floor, Princeton
08540 New Jersey

España
+34 986 410 751
Bajada Gándara, 7, Nave 8, 36330 Coruxo, Vigo
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º Vilarodís - Arteixo
A Coruña

Centro Municipal de Empresas San Fernando de Henares – Oficina 35. Av. de la Vía Láctea 4, 28830 San Fernando de Henares
Madrid


Portugal
+351 912 054 481
Avenida da República, 50, 2º andar, 1050 - 196
Lisboa


USA
+1 64 63 74 43 49
100 Overlook Center Princeton, 08540 New Jersey