ENXEÑERÍA DE PROCESO
Xestión de proxectos
Realizamos tarefas de xestión de proxectos en todas as fases dun proxecto propio, do cliente ou de terceiros: coordinación das distintas fases do proxecto, control de custos, coordinación de todas as disciplinas (enxeñería, mecánica, electricidade, automatización, validacións, etc.), seguimento de fitos e outras tarefas de xestión interna do cliente.
Deseño de procesos
Análise dos requirimentos de proceso en función das necesidades do cliente e deseño da solución óptima para cada caso. O deseño pódese realizar tanto de xeito independente como conxuntamente co departamento de enxeñería do cliente.
P&IDs – Deseño, delineación
Xeración de documentos estandarizados de Piping & Instrumentation Diagrams que representen de maneira completa e actualizada calquera instalación de proceso.
Documentación
Definición de documentos que recollan de maneira clara o funcionamento da instalación e os elementos que a compoñen: Descrición de proceso, lista de instrumentación, isométricos. A descrición funcional de proceso será a base para a correcta posta en marcha da liña ou liñas de produción.
Instrumentación
Definimos e seleccionamos os instrumentos de campo máis adecuados para cada aplicación, que ademais cumpran cos estándares requiridos tanto polo cliente como polo proceso que hai que tratar. Configuramos e calibramos os instrumentos. Traballamos con todos os fabricantes do mercado.
Posta en marcha de proceso
Definimos e executamos os procedementos, as operacións e as probas necesarias antes do arranque dos equipos ou liñas de produción, para garantir o seu correcto funcionamento. Comprobamos que os devanditos equipos cumpren coas especificacións definidas na fase inicial do proxecto.
Formación a operadores
Unha vez finalizado un proxecto ou intervención, ofrecemos formación tanto a operadores como a calquera outro persoal que así o requira, para facilitar o uso dos equipos ou liñas de produción de forma óptima.