DESENVOLVEMENTO DUN SISTEMA AVANZADO DE MONITORIZACIÓN E ADQUISICIÓN DE DATOS PARA A MELLORA DAS MÁQUINAS MULTIFÍO DE CORTE DE PEDRA (IN852A 2018/28)

A importancia do sector do granito na economía galega é fundamental. A industria galega do granito é a 2.ª máis importante de Europa (tras Italia) e a 5.ª do mundo, aparece por diante de potencias como Bélxica, Portugal ou Alemaña.

Neste contexto, o proxecto DIAMANTE supón unha oportunidade para Galicia de incrementar a produción e mellorar a situación competitiva do sector produtivo da pedra natural, tras anos de deslocalización a países de custos laborais máis baixos, grazas a un innovador sistema de control desenvolvido para as máquinas de corte multifío de bloques de granito. En concreto, DIAMANTE considera o desenvolvemento dunha solución que sexa capaz de analizar a realidade do proceso de corte grazas á aplicación de sistemas avanzados de sensorización e control, baixo o paradigma da Industria 4.0.

O obxectivo de DIAMANTE é a mellora dos principais factores que lle afectan ao proceso, que neste caso son o consumo de fío diamantado (principal factor de custo de funxibles) e os custos inherentes das máquinas multifío nas paradas por avarías e os fallos imprevistos. Como exemplo, unha empresa que teña unha produción mensual duns 45.000 m2 de granito laminado, perde por cada día de parada uns 150.000 €. En canto ao custo do fío diamantado, pode chegar a representar uns 40-50 k€/mes.

Polo tanto, DIAMANTE presenta unha solución baseada no paradigma industria 4.0, que permita un maior control de todos os parámetros das máquinas de corte, o que implicará unha mellora da produción, unha redución dos refugallos que transformará o proceso nun máis respectuoso co medio ambiente, cun aumento do valor engadido do produto e unha mellora dos custos de produción.

Durante esta anualidade realizáronse accións para a sensorización e o control do fío de corte. Estas accións centráronse na instalación de sensores colorimétricos e cámaras de visión artificial xunto con modificacións no fío de corte para facilitar a súa correcta detección.

Coa instalación destes sensores e as modificacións pertinentes no fío preténdese controlar diferentes puntos importantes tanto para o control do corte correcto de pedra como para o correcto funcionamento do fío e poderase medir e informar de parámetros clave como rotación, velocidade ou desgaste do fío.

Coa medición do desgaste do fío conséguese calcular a vida útil e realizar un mantemento preventivo, e  pódese indicar cando o desgaste do fío é incompatible coa súa continuación no proceso de corte e debe ser cambiado. Ademais, co control do resto de parámetros de corte que ata o momento non podían ser medidos, como o correcto xiro do fío durante o corte para que o fío sufra un desgaste uniforme e o control de posibles deslizamentos ou problemas de tensionado, lógrase aumentar esta vida útil e mellorar o corte do fío; isto evita ademais marcas na pedra durante o corte, que fai que necesiten ser reparadas antes de ser vendidas.

CONSORCIO DIAMANTE

Para alcanzar os anteriores obxectivos, as empresas do ámbito galego do consorcio DIAMANTE cobren toda a cadea de valor de actividades do proxecto e conforman unha agrupación multidisciplinaria co know-how complementario necesario para a correcta execución deste:

NODOSAFER, empresa líder do proxecto, é unha entidade referente a nivel internacional na fabricación de máquinas industriais de corte de pedra e os seus equipos son dos que obteñen un mellor rendemento de fío de corte. Hai que destacar que NODOSAFER posúe unha ampla experiencia en proxectos de I+D relacionados cos seus produtos.

SYSPRO é unha enxeñería centrada na integración de tecnoloxías no campo da automatización, software industrial, robótica, visión artificial e sensorización avanzada e que deu un salto cualitativo nos últimos anos en iniciativas de I+D.

WDIAMANT é unha empresa desenvolvedora de fío de corte diamantado para o sector da pedra natural, con elevada experiencia en proxectos de I+D relacionados cos seus produtos, implantada no mercado mundial e cun elevado volume de exportacións.

GRANISA é o usuario final e receptor último da tecnoloxía desenvolvida en DIAMANTE. É a 5.ª empresa en valor engadido do sector en Galicia. Achegará a súa experiencia na transformación do granito e aplicará as solucións nun ámbito real para realizar a validación preindustrial.

Co obxectivo de promover a actividade innovadora dentro das empresas, reforzar a súa capacidade de liderado internacional, mellorar a súa posición competitiva e complementar os desenvolvementos do proxecto, o consorcio contará co apoio do Centro Tecnolóxico AIMEN, entidade con experiencia demostrada en actividades de visión artificial, monitorización, control industrial e tratamento avanzado de datos.

FINANCIAMENTO DO PROXECTO

O proxecto DIAMANTE, enmarcado no programa CONECTAPEME 2018, está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e está cofinanciado con cargo a Fondos FEDER no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Deixa unha resposta

España

+34 986 410 751
Rúa dos Padróns, 12 - Porto do Molle
36350 Nigrán
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º
Vilarrodís - Arteixo
A Coruña

+34 911 610 265
Centro Empresarial Best Point. Oficina 22B Av. de Castilla, 1
28830 San Fernando de Henares
Madrid

Portugal

+351 910 034 699
Fórum Tecnológico, R. Cupertino de Miranda 7
1º andar, Sala 003
1600-545 Lisboa

USA

+1 646 374 4349
100 Overlook Center, 2nd floor, Princeton
08540 New Jersey

España
+34 986 410 751
Bajada Gándara, 7, Nave 8, 36330 Coruxo, Vigo
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º Vilarodís - Arteixo
A Coruña

Centro Municipal de Empresas San Fernando de Henares – Oficina 35. Av. de la Vía Láctea 4, 28830 San Fernando de Henares
Madrid


Portugal
+351 912 054 481
Avenida da República, 50, 2º andar, 1050 - 196
Lisboa


USA
+1 64 63 74 43 49
100 Overlook Center Princeton, 08540 New Jersey