Solucións de enxeñaría
Estamos especializados en ofrecer solucións integrais de enxeñería en tres áreas principais:
– Automatización completa e integración do control e supervisión de instalacións e equipamentos na planta: desde o deseño inicial da arquitectura eléctrica e de control ata a fase de posta en marcha e validación.
– Concepción e construción a medida de máquinas especiais e sistemas robóticos: a nosa experiencia céntrase no deseño e construción de máquinas e sistemas adaptados ás necesidades específicas de cada cliente, permitindo a montaxe e envío eficiente de pezas, compoñentes e produtos de consumo.
– Deseño e fabricación de equipos para procesos biotecnolóxicos, farmacéuticos e alimentarios: desenvolvemos equipos de alta calidade para sectores críticos como biotecnoloxía, farmacéutico e alimentario, garantindo estándares de calidade e eficiencia en cada fase do proceso
AUTOMATIZACIÓN E INTEGRACIÓN DE
SISTEMAS DE CONTROL E SUPERVISIÓN
Versatilidade de solucións
Realizamos este tipo de proxectos en todo tipo de instalacións e equipamentos en plantas, xa sexan de proceso continuo, por lotes ou de fabricación discreta. Os nosos proxectos desenvólvense en calquera área da fábrica: produción, transporte, fin de liña, HVAC e utilidades, depuración de augas, etc. Traballamos con arquitecturas de control baseadas tanto en PLC+SCADA como en DCS, con total independencia de marcas e fabricantes.
Proxectos con alcance total
Os nosos clientes teñen a confianza e a tranquilidade de deixalo todo nas nosas mans, para que un único interlocutor os manteña ao día da marcha do proxecto con toda a información que precisan saber. Syspro é responsable de:
– Xestión de proxectos.
– Deseño eléctrico e de control.
– Fabricación de cadros eléctricos.
– Cableado de campo.
– Programación e probas FAT e SAT.
– Posta en marcha.
– DQ, IQ, OQ cando sexa necesario.
Proxectos con alcance flexible
Non só executamos proxectos de grande envergadura con alcance total, senón que temos a flexibilidade para adaptarnos á organización desexada polos nosos clientes e á dimensión dos seus proxectos, de xeito que os nosos servizos poden cubrir unha ou varias tarefas, en proxectos de distinto tipo:
– Automatización de liñas, equipamentos ou máquinas novas.
– Modificacións funcionais, reformas ou renovación de líñas, equipamentos ou máquinas existentes.
– Migración de sistemas de control.
– Implementación ou modificación de SCADA.
– Feed study.
MÁQUINAS ESPECIAIS
E SISTEMAS ROBOTIZADOS
Proxectos personalizados
A diferente natureza e diversidade dos produtos fabricados fai que para conseguir a automatización da súa produción se deban deseñar máquinas especiais ou a medida, que non existan como máquinas estándar no mercado ou que se deban adaptar ás características específicas do produto. Isto lévanos a realizar deseños de máquinas moi diversos e a utilizar multitude de tecnoloxías diferentes con todo tipo de sensores, servos, robótica, visión artificial, etc.
Solucións integrais
En Syspro encargámonos de todo, dende a fase de oferta ata a entrega da máquina ou do sistema robótico:
– Concepción da idea.
– Deseño mecánico, eléctrico e de control.
– Fabricación e montaxe.
– Programación e proba.
– Instalación no cliente.
– Posta en marcha.
– Marcado CE.
Amplitud das solucións
En función das tarefas que se queiran automatizar, a solución adoptada pode adoptar diferentes formas:
– Postos individuais automáticos ou semiautomáticos.
– Máquinas rotativas.
– Liñas modulares e flexibles.
– Tarefas automatizadas mediante robots industriais ou colaborativos.
EQUIPOS DE PROCESO
AUTOMATIZADOS
Equipamiento automatizado para a industria biotecnolóxica, farmacéutica e alimentaria
O noso departamento de procesos deseña equipos para a produción e procesado de produtos, de acordo coas esixencias do cliente. Unha vez deseñado e validado o proceso, o resto de departamentos de Syspro encárganse da súa fabricación.
Procesos tradicionais
Tanque, reactor, fermentador… Equipamento de proceso clásico adaptado aos requerimentos de cada proxecto.
Procesos diferentes
Cóntenos a súa necesidade e estudaremos a solución e a súa viabilidade, xa sexa para mellorar un proceso existente ou para levar a cabo unha idea novidosa.