SYSPRO OBTIVO O SELO PEME INNOVADORA, OUTORGADO POLO MINISTERIO DE ECONOMÍA E COMPETITIVIDADE
Recibir o selo PEME innovadora significa que o Ministerio de Economía e Competitividade recoñece a Syspro como unha empresa innovadora acreditada.
Syspro participa activamente en distintos programas de I+D, co obxectivo de poder incorporar tecnoloxías de control, visión artificial, termografía, control de movemento, etc., a través da innovación en procesos industriais en distintos sectores como Automobilístico, Eólico, Naval e Aeronáutico.