SALTO PRESENTA UN NOVO SISTEMA DE FABRICACIÓN ROBOTIZADO RECONFIGURABLE MEDIANTE TECNOLOXÍA LÁSER PARA CORTE TÉXTIL – IN852A 2016/29

  • Este sistema de corte láser permite a automatización do corte de tecido decorado altamente deformable para series curtas de produción.
  • Enmarcado no Programa Conecta PEME 2016, o consorcio do proxecto está liderado por SELMARK e complétano as empresas SYSPRO, UNIMATE e ENXENIA. AIMEN participa como entidade colaboradora.
  • Esta nova solución, en etapa preindustrial, permite reducir o tempo de ciclo do proceso de corte e adaptarse á variedade de tecidos e deseños, asegurando unha baixa taxa de fallos.

No proxecto SALTO desenvolveuse un sistema de corte láser, flexible e adaptativo, para o sector téxtil baixo un novo concepto de fabricación robotizada reconfigurable. En concreto, proponse o desenvolvemento dun novo sistema de fabricación integral que permite a automatización do corte de tecido decorado altamente deformable para series curtas de produción e cun gran número de referencias, deseños e modelos de produto.

Deste xeito, preténdese dar un salto cualitativo e cuantitativo nas capacidades produtivas para operacións de corte téxtil. As tecnoloxías desenvolvidas impactarán positivamente na eficiencia en fabricación e lead-time, así como na capacidade de fabricación de produtos cada vez máis individualizados e na mellora das condicións laborais dos operarios.

Esta nova solución, en estado preindustrial, permitirá reducir o tempo de ciclo do proceso de corte e o tempo de fabricación dun novo produto, dos tres días que se empregan na actualidade a unha estimación de medio día. Así mesmo, SALTO permitirá un aforro en tecido e unha mellora da taxa de fallos ou rexeitamentos que se poidan detectar durante o proceso de control de calidade.

Con esta nova solución, preséntase un innovador sistema de fabricación que supón a modernización industrial de especial interese para procesos de corte de tecido en empresas de confección téxtil.

Principais Fitos Alcanzados

Na anualidade 2018 completáronse as seguintes actividades de proxecto: software de control de proceso adaptativo e en liña, software de xestión da fabricación da cela e validación do sistema de fabricación. Isto inclúe a integración de visión artificial na aplicación de control, o control adaptativo da xeración automática de traxectorias de robot industrial, así como a integración no control da cela multiproceso, tanto a nivel de automatización como do proceso de fabricación de corte láser para a variedade de produtos empregados e de interese no sector da lencería.

Para a consecución dos devanditos progresos técnicos, ao longo de 2018, realizouse a integración de subsistemas en dúas celas robotizadas con configuración análoga, localizadas en AIMEN e Selmark, e  quepermitiu a avaliación e validación dos devanditos desenvolvementos en ámbitos de laboratorio e preindustrial.

Colaboración intersectorial

O proxecto SALTO, cun presuposto de 357.435 euros e unha duración total de 34 meses, enmárcase dentro do Programa ConectaPEME 2016.

Para o desenvolvemento deste proxecto, constituíuse un consorcio multidisciplinario liderado por SELMARK (deseño e fabricación de pezas de lencería) e completado polas empresas SYSPRO (servizos orientados á integración de tecnoloxías no campo da automatización, software industrial, robótica e visión artificial), UNIMATE (enxeñería especializada na automatización de procesos con robots industriais) e ENXENIA (enxeñería e I+D especializada no deseño mecánico e asistencia no proceso produtivo a empresas de fabricación e transformación de produtos).

Esta agrupación de empresas conta coa colaboración de AIMEN Centro Tecnolóxico.

Deixa unha resposta

España

+34 986 410 751
Rúa dos Padróns, 12 - Porto do Molle
36350 Nigrán
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º
Vilarrodís - Arteixo
A Coruña

+34 911 610 265
Centro Empresarial Best Point. Oficina 22B Av. de Castilla, 1
28830 San Fernando de Henares
Madrid

EEUU

+1 646 374 4349
100 Overlook Center, 2nd floor, Princeton
08540 New Jersey

Portugal

+351 910 034 699
Fórum Tecnológico, R. Cupertino de Miranda 7
1º andar, Sala 003
1600-545 Lisboa

Suíza


Lange Gasse 15, 4052 Basel

España
+34 986 410 751
Bajada Gándara, 7, Nave 8, 36330 Coruxo, Vigo
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º Vilarodís - Arteixo
A Coruña

Centro Municipal de Empresas San Fernando de Henares – Oficina 35. Av. de la Vía Láctea 4, 28830 San Fernando de Henares
Madrid


Portugal
+351 912 054 481
Avenida da República, 50, 2º andar, 1050 - 196
Lisboa


USA
+1 64 63 74 43 49
100 Overlook Center Princeton, 08540 New Jersey