MES + Smart Factory

Consultoría

Axudámoslles aos nosos clientes a definir e elixir a solución MES idónea para a súa planta. Tamén os asesoramos na introdución de novas tecnoloxías da industria 4.0, dende un enfoque práctico, co obxectivo de conseguir a mellora de procesos e a capacidade de dispoñer da información da súa planta que lles axude na toma de decisións.

Sistemas MES

Deseñamos, configuramos e aplicamos o sistema MES que mellor se adapte ás necesidades de cada planta. Enlazamos o sistema ERP con sistemas de control, sistemas LIMS, sistemas de xestión documental, GMAO, etc. a través da solución MES elixida, conseguindo un ámbito de produción integrado, automatizado e coas mellores ferramentas de análise e reporting.

Adquisición – Tratamento – Análise de datos

Aplicamos solucións de recollida de datos da planta, tratamos eses datos con ferramentas avanzadas para poder dispoñer dunha base de datos integral que relacione dunha forma intelixente todos os datos das distintas fontes da planta para, a continuación, aplicar ferramentas de Business Intelligence e Machine Learning que lles axuden aos nosos clientes á toma de decisións e á mellora de procesos.

OPC UA

Temos unha ampla experiencia utilizando servidores OPC UA para realizar intercambios de información entre distintos sistemas ou niveis da planta, para subir información da planta á nube ou para comunicala cun SCADA Web.

IoT

Utilizamos tecnoloxías IoT para a adquisición de información relevante do proceso da planta e o seu envío directo a un sistema superior para o seu almacenamento e procesado. Isto é especialmente interesante para o sector farmacéutico, xa que permite a integración de novos equipos sen necesidade de modificar a arquitectura de control validada e en funcionamento.

Simulación

Traballamos coas novas tecnoloxías de Digital Twin dos distintos fabricantes, para poder ofrecer un ámbito de simulación da súa instalación real. Este ámbito de simulación facilita todas as tarefas do proxecto previas á posta en marcha, ademais de ser unha ferramenta de apoio a validación e aos operadores dos equipos.

España

+34 986 410 751
Bajada Gándara, 7, Nave 8, 36330 Coruxo, Vigo
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º 15141 Vilarrodís - Arteixo 
A Coruña

+34 911 610 265
Polígono Industrial de las Monjas – Avda. de las Estaciones, 22 - Oficina 9
28850 Torrejón de Ardoz
Madrid

Portugal

+351 912 054 481
Avenida da República, 50, 2º andar, 1050 - 196 
Lisboa

USA

+1 64 63 74 43 49
100 Overlook Center Princeton, 08540 New Jersey

España
+34 986 410 751
Bajada Gándara, 7, Nave 8, 36330 Coruxo, Vigo
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º Vilarodís - Arteixo
A Coruña

Centro Municipal de Empresas San Fernando de Henares – Oficina 35. Av. de la Vía Láctea 4, 28830 San Fernando de Henares
Madrid


Portugal
+351 912 054 481
Avenida da República, 50, 2º andar, 1050 - 196
Lisboa


USA
+1 64 63 74 43 49
100 Overlook Center Princeton, 08540 New Jersey