DESENVOLVEMENTO DE TECNOLOXÍAS DE ALTO RENDEMENTO PARA A FABRICACIÓN DE COMPOÑENTES MULTIMATERIAL (ITC-20133049)

O proxecto DESTACAR ten como obxectivo o desenvolvemento de novas tecnoloxías e metodoloxías para o procesado e a inspección de compoñentes multimaterial co obxectivo de incrementar a produtividade e calidade dos seus procesos de fabricación.

A clave para o desenvolvemento de novas tecnoloxías de fabricación e procesado adaptadas a compoñentes multimaterial baséase nun dobre obxectivo:

  1. Desenvolvemento e aplicación de nova tecnoloxía non convencional de fabricación aplicada á mellora directa do proceso produtivo. DESTACAR abordará o desenvolvemento de nova tecnoloxía de fabricación de altas características a través da investigación en automatización e fabricación robotizada flexible e de alta precisión, do desenvolvemento de novos sistemas de produción adaptables e reconfigurables e da investigación en novas tecnoloxías/ferramentas de procesado multimaterial.
  2. Desenvolvemento e aplicación de novos sistemas de control de calidade que permitan garantir a produción en etapas temperás de fabricación, o que obrigará á definición de novos procedementos de reparación específicos. DESTACAR propón o desenvolvemento de tecnoloxía non destrutiva de inspección temperá, baseada en técnicas termográficas lock-in multifrecuencia, que permita a detección de defectos en fabricación, reducindo, desta forma, os tempos de reparación e aumentando a eficiencia e calidade do proceso produtivo.

Así, o proxecto DESTACAR modificará o procesado e a produción de material composto e compoñentes multimaterial, levando a unha mellora efectiva e redución de custos e materiais que xerará novas oportunidades de negocio aos sectores produtivos implicados (empresas fabricantes, industria auxiliar, enxeñerías, etc.) e, en particular, ás empresas que forman parte do proxecto. Deste modo, dado o carácter multisectorial da tecnoloxía que se vai desenvolver, dotarase á comunidade galega da tecnoloxía e do coñecemento necesario para lograr abaratar custos e aumentar a calidade no procesamento de materiais compostos, o que é extensible a todos e cada un dos outros sectores que os empregan na actualidade.

A complexidade deste dobre obxectivo fai obrigatorio o traballo conxunto dun consorcio de empresas con capacidades complementarias en robótica, automatización flexible de procesos, enxeñería de fabricación, análise e procesado de sinal/imaxe e en coñecemento do procesado de materiais compostos e compoñentes multimaterial: COASA, UTINGAL, DECUNA E SYSPRO.

Contarase coa participación do Centro Tecnolóxico AIMEN, así como co departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que achegarán o seu coñecemento en robotización e control de procesos, ciencia e enxeñería de materiais, inspección mediante técnicas non destrutivas, así como procesos de fabricación e experiencia en tecnoloxías láser.

Este proxecto foi apoiado polo do CDTI, o Ministerio de Economía e Competitividade, a Axencia Galega de Innovación (AGI) e o Fondo Tecnolóxico.

Deixa unha resposta

España

+34 986 410 751
Rúa dos Padróns, 12 - Porto do Molle
36350 Nigrán
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º
Vilarrodís - Arteixo
A Coruña

+34 911 610 265
Centro Empresarial Best Point. Oficina 22B Av. de Castilla, 1
28830 San Fernando de Henares
Madrid

EEUU

+1 646 374 4349
100 Overlook Center, 2nd floor, Princeton
08540 New Jersey

Portugal

+351 910 034 699
Fórum Tecnológico, R. Cupertino de Miranda 7
1º andar, Sala 003
1600-545 Lisboa

Suíza


Lange Gasse 15, 4052 Basel

España
+34 986 410 751
Bajada Gándara, 7, Nave 8, 36330 Coruxo, Vigo
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º Vilarodís - Arteixo
A Coruña

Centro Municipal de Empresas San Fernando de Henares – Oficina 35. Av. de la Vía Láctea 4, 28830 San Fernando de Henares
Madrid


Portugal
+351 912 054 481
Avenida da República, 50, 2º andar, 1050 - 196
Lisboa


USA
+1 64 63 74 43 49
100 Overlook Center Princeton, 08540 New Jersey