Automatización
(DCS, PLC + SCADA)

Consultoría

Apoiamos aos nosos clientes na análise das necesidades das súas instalacións para aumentar a súa produtividade, calidade e seguridade. Isto pode implicar automatizar procesos manuais, robotizar a totalidade ou unha parte dos procesos produtivos, migrar os sistemas actuais a outras tecnoloxías, aumentar a integración dos equipos de control de campo con sistemas informáticos ou de supervisión, e calquera outro cambio que mellore a produción.

Enxeñería de sistemas de control

Deseñamos o sistema de control que mellor se adapte á súa instalación, grazas ao noso coñecemento nas distintas arquitecturas (DCS, PLC + SCADA, etc.), á nosa experiencia coa maioría de fabricantes destes sistemas e á nosa capacidade para integrar diferentes sistemas da planta. O resultado do deseño será unha instalación adaptada ás súas necesidades actuais e futuras ampliacións. Elaboramos os distintos documentos relacionados con esta fase: especificación funcional, arquitectura do sistema e especificación de deseño.

Solucións PLC + HMI/SCADA

Somos expertos nas solucións de control baseadas en PLC + HMI/SCADA da maioría de fabricantes do mercado. Temos unha grande experiencia tanto en sistemas actuais como en equipos obsoletos, o que nos dá capacidade para realizar instalacións novas, modificar instalacións existentes ou realizar actualizacións de plataformas obsoletas a sistemas actuais. Dispoñemos de librerías para as principais plataformas de PLC + HMI/SCADA que permiten a estandarización e diminúen os tempos de programación e posta en marcha.

Solucións DCS

Traballamos cos sistemas DCS dos principais fabricantes, dende a fase de deseño de arquitectura ata a posta en marcha destes, pasando pola configuración do hardware e a programación de estratexias de control e displays. Temos experiencia con módulos de comunicación DCS – PLC, sistemas de seguridade de DCS, etc.

Electricidade industrial

Realizamos todo o traballo eléctrico de baixa tensión inherente aos nosos proxectos de automatización, tamén en zonas ATEX. Realizamos o deseño e dimensionamento de instalacións eléctricas, tanto para a potencia como para as partes de control; xeramos esquemas eléctricos, tanto novos como modificacións e dixitalizacións a partir do formato papel; Construímos os cadros eléctricos, verificámolos no noso taller mediante probas FAT e instalámolos no seu lugar final; realizamos o cableado completo dende os armarios de control ata os sensores, actuadores e motores no campo; Realizamos a proba de sinal para verificar o funcionamento dos elementos de instalación e a súa correcta conexión co sistema de control.

GaMP

Traballamos en todas as fases dun proxecto de automatización segundo os estándares GaMP (Good Automated Manufacturing Practice), FDA Part 11 compliance e ISA-88 Batch Control.

Control de procesos Batch

Utilizamos as principais ferramentas do mercado para o control de procesos Batch tanto para pequenos equipos como para grandes instalacións con formulacións complexas.

Servos - Control de eixes

Temos experiencia na integración de sistemas baseados en servomotores dos principais fabricantes, tanto en novas instalacións, como en migración dende outras motorizacións menos precisas.

Sistemas de seguridad (SIS)

Estamos habituados a traballar con PLCs de seguridade dos principais fabricantes. Coñecemos a normativa, así como as instrucións específicas para os distintos tipos de seguridades que hai que integrar.

Migracións de sistemas de control

Realizamos migracións dos sistemas de control das principais marcas, substituíndo equipos obsoletos por solucións actuais do mesmo ou distinto fabricante. En paralelo coa migración pódense engadir melloras, sempre buscando unha solución óptima en canto a custo, duración do desenvolvemento e tempo de parada do equipo.

Documentación

Elaboramos toda a documentación relacionada cun proxecto de automatización: URS, Especificacións funcionais, Especificacións de deseño, I/O List, Alarm List, Interlock List, Manual de operación, Documentación de Marcado CE, etc. Tamén realizamos a aprobación de documentos segundo estándares como GaMP.

Formación

Dispoñemos de cursos de formación sobre as distintas tecnoloxías coas que traballamos, ademais dun laboratorio de I+D equipado con hardware e software relacionados con estas tecnoloxías. Ademais de para uso interno, ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de participar nestes cursos ou outros específicos do seu interese.

España

+34 986 410 751
Rúa dos Padróns, 12 - Porto do Molle
36350 Nigrán
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º
Vilarrodís - Arteixo
A Coruña

+34 911 610 265
Centro Empresarial Best Point. Oficina 22B Av. de Castilla, 1
28830 San Fernando de Henares
Madrid

EEUU

+1 646 374 4349
100 Overlook Center, 2nd floor, Princeton
08540 New Jersey

Portugal

+351 910 034 699
Fórum Tecnológico, R. Cupertino de Miranda 7
1º andar, Sala 003
1600-545 Lisboa

Suíza


Lange Gasse 15, 4052 Basel

España
+34 986 410 751
Bajada Gándara, 7, Nave 8, 36330 Coruxo, Vigo
Pontevedra

+34 981 601 684
Centro de negocios APEMAX. Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1º Vilarodís - Arteixo
A Coruña

Centro Municipal de Empresas San Fernando de Henares – Oficina 35. Av. de la Vía Láctea 4, 28830 San Fernando de Henares
Madrid


Portugal
+351 912 054 481
Avenida da República, 50, 2º andar, 1050 - 196
Lisboa


USA
+1 64 63 74 43 49
100 Overlook Center Princeton, 08540 New Jersey